viernes, 25 de octubre de 2019

CONTINUAMOS COS DOCES MATEMÁTICAS




Continuamos durante estas semanas coa elaboración dos doces para a clase de matemáticas. É unha pena que xa estemos rematando.








A VISITA DA ESTETICISTA LAURA





Onte visitounos Laura a esteticista. Pasámolo moi ben maquillándonos.
Utilizamos unhas cremas que se chamaban peeling corporal. Explicounos moitas cousas sobre estética. Maquillounos xenial.
Grazas por todo.

viernes, 18 de octubre de 2019

A VISITA DE MARCOS



O 18 de outubro visitounos o primeiro especialista de LÓVA chamado Marcos que nos ensinou a montar unha lámpada porque el é electricista . Unha profesión moi importante porque aínda que non elixamos esa profesión vainos a facer falla para poñer as luces para a nosa obra de teatro final .
Moitas grazas a marcos por esta visita e todo o que aprendimos.








martes, 15 de octubre de 2019

Saída ao Gaiás e MUPEGA


Hoxe imos a contarvos a nosa experiencia sobre a nosa primeira saída do curso.
En primeiro lugar, fumos ao museo Gaiás onde traballamos todos xuntos en equipo con bloques, aros e palitroques, facendo figuras, aprendendo e divertíndonos. 
Despois visitamos o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). Alí vimos como eran as escolas, xoguetes e xogos de antano.
Foi unha xornada impresionante onde aproveitamos cada momento e trouxemos novos aprendizaxes. 





viernes, 11 de octubre de 2019

LÓVA (Comeza a nosa aventura)



Comezamos esta aventura con moita ilusión e ganas de desfrutar e aprender con todo o que nos vaia ocorrendo durante o proceso. Queredes ver como nos vai? Estade atentos, porque iremos compartindo con vós os nosos avances...




miércoles, 9 de octubre de 2019

DOCES MATEMÁTICAS





Non todo son libros! Como podedes ver, as Matemáticas tamén se poden traballar de xeito diferente... Empregamos medidas, facemos adicións,... pero o mellor de todo, é o tempo que pasamos coas nosas familias...
A nosa maestra María Jesús, tivo unha gran idea!!! Se queredes saber como se fan os nosos doces, prestade atención, en breves subiremos as nosas receitas!

martes, 8 de octubre de 2019

Quenes somos?

Comezamos un novo curso escolar... Este, será un curso moi, pero que moi especial... temos moitas ganas de empezar cos novos retos!!! Aquí podedes ver o gran equipo que formamos este curso... Xuntos conseguiremos grandes logros!