viernes, 22 de noviembre de 2019

A VISITA DE DAVID

Os días 19 e 22 visitounos David Santos que nos falou da violencia de xénero a través dos videoxogos.
Primeiro falounos dos videoxogos e das súas portadas. Aí démonos conta de que non aparecen mulleres nas portadas dos videoxogos, porque de 62 personaxes solo había 10 mulleres nas portadas.
Despois fixemos un xogo no que tíñamos que dicir os estereotipos dos chicos e das chicas. Tamén nos ensinou un vídeo no cal puidemos ver os estereotipos da roupa que tiñan os bebés e como actuaban de distinta maneira cun mesmo neno vestido de rosa co de azul actuando de forma mais brusca.
Fixemos un videoxogo e por último falounos dos tipos de videoxogos que había. A conclusión que sacamos de iso é que os videoxogos non son malos. Solo están mal se ti os ti os interpretas mal.

GRACIAS POR VIRE ENSINARNOS TANTO DAVID!!!!!!

LOGO DA COMPANÍA

Ola! O noso logo creámolo debatindo entre toda a compañía. Ao final, despois decidimos facer un cocodrilo porque hai unha película que se chama "Los cocodrilos". E trata duns rapaces que traballan en equipo. A nós pareceunos unha boa idea para representarnos.



miércoles, 20 de noviembre de 2019

Saida a casa da cultura


O  20/11/19   fixemos unha saída á casa da cultura e pasámolo xenial, porque había varias personaxes  divertidos. Ao principio non entendiamos nada, pero despois deunos moita gracia. Ademais tiñan unha especie de caixas coas que facían formas moi diferentes.



lunes, 18 de noviembre de 2019

A VISITA DE ALDARA

O día 18 de novembro visitounos Aldara Gómez, que nos falou sobre o seu traballo: axudante de realización. Explicounos todo o que se facía non plató de televisión e ensinou nos uns guións e unhas escaletas.
Tamén nos dixo que era cantante e tocaba  guitarra. Cantounos unha canción moi bonita.
GRAZAS POR TODO ALDARA!!!!!








viernes, 8 de noviembre de 2019


                                        
      A VISITA DE FRAN


O día de 28 de outubro visitounos Fran Rego , el ensinounos as características para ser un bo actor ,e compartiu connosco moitos gustos .
Xa para rematar, xogamos a un xogo no que se facía unha conferencia de prensa, na que se elixía a un compañeiro da clase para que representara unha persoa coñecida e os demais lle fixeran preguntas . Moitas grazas pola túa visita !