martes, 24 de marzo de 2020

RETO... ATRÉVESTE?





E se vos propoño uns retos diarios? Animádesvos? Eu sí...

MARTES: somos parte da historia...
Que vos parece se deixamos por escrito unha breve redacción en galego ou castelán do que está a acontecer estos días, as vosas rutinas, os vosos sentimentos, inquedanzas...? Podedes gardala nunha caixiña ou nun lugar segredo e dentro dun tempo podedes buscala e volvela a ler... como unha máquina do tempo.

MÉRCORES: somos uns artistas...
Hoxe estamos máis creativos que nunca... poderiades facer un debuxo / composición  con temática libre e con materias que teñades pola casa, materiais de refugallo...? Deixade voar a vosa imaxinación, eu confío en vós, TODOS E TODAS LEVAMOS UN XENIO DENTRO.

XOVES: é hora de xogar e aprender...
Que vos parece se inventamos un xogo para toda a familia?
Escribide todas as regras e describide os materias necesarios para xogar, fichas, taboeiro,...

VENRES: a fin de semana está pretiño e con ela o tempo das lambonadas...
Podedes propoñer unha receita (doce ou salgada)? Non esquezades anotar os ingredientes e as cantidades necesarias... Ñam, ñam, ... XA ARRECENDE

Non esquezades que estes retos son suxestións, se vos animades e queredes enviar fotos para compartir cos compis enviádesmo e eu o subo ao blog de aula.



No hay comentarios:

Publicar un comentario